7 oct. 2016

O valor das 5 racións ao día

Para os humáns o cinco é un número moi especial; cinco son os dedos dunha mán, os días laborables da semana, os sentidos, e tamén o número de lados do símbolo máxico dos pitagóricos.
Para nós o cinco leva diante a coma, porque o noso proxecto vai diso, de comer, ben, con xeito, e cinco veces ao día, non imos desvelar qué cousa ou qué cantidade, ..., de momento.
Este curso eliximos coidarnos a gusto, a toque de prato, e coas cinco liñas do pentagrama, en clave de mar, froita, e pan, sen esquecer os demais alimentos, coa proporción da ración.

Participamos no programa "Aliméntate ben", do Plan Proxecta, e tamén en Froita na escola, entre outros, coa formación e axuda das Consellerías de Educación, do Mar, Medio Rural e Saúde, moi completa.

Iste é o noso proxecto...

INTRODUCIÓN

O Proxecto ten como misión mellorar os hábitos alimenticios dos participantes (alumnado, profesorado e membros da comunidade educativa) a partir da introdución no currículo  de situacións educativas relacionadas con esta temática. Trátase de achegar as situacións cotiáns de cultivo, compra, tratamento e consumo de alimentos, e efectos que causan no organismo; ás actividades de aula, poñendo en valor o currículo das distintas materias.
Os materiais elaborados para o desenvolvemento destas actividades, e os produtos finais que xurdan da súa realización, publicaranse nos blogs do proxecto e noutros formatos, e se divulgarán na rede e nos medios de comunicación, buscando a promoción de hábitos de alimentación saudable e a transmisión de valores dende a aula ao exterior.

Obxectivos

  • Motivar ao alumnado cun proxecto innovador que provoque a reflexión sobre os seus hábitos de alimentación e corrixa posibles erros nas distintas fases do proceso.
  • Cambiar o papel do alumnado para que adopte unha actitude activa fronte aos problemas da súa contorna, achegándolle ferramentas tecnolóxicas que lle permitan cambiar esta situación e comunicarse con outras persoas na procura dun ben común.
  • Estudar e elaborar modelos matemáticos asociados ao cultivo,  á compra, e a inxesta de alimentos.
  • Coñecer os grupos de alimentos e as súas características, identificando os que se cultivan en Galicia e na nosa comarca.
  • Analizar os envases e etiquetas dos alimentos así como as proporcións e composicións dos produtos que os forman. Coñecer as consecuencias positivas e negativas do consumo destes compoñentes.
  • Estudar e elaborar menús axeitados á idade e ritmo de vida do alumnado e extendelos a outros grupos de poboación.
  • Reducir os riscos de enfermidades relacionadas con erros nutricionais.
  • Elaborar novos materiais didácticos relacionados co tema que faciliten o labor educativo doutros docentes.
  • Xerar sinerxias entre o centro e as familias, para lograr os obxectivos anteriores.
  • Colaborar con outros centros educativos para establecer similitudes e diferenzas de hábitos alimenticios e buscar modelos axeitados.

Materias que participan no proxecto

Bioloxía e Xeoloxía
Promoción de Estilos de Vida Saudables
Programación
Métodos Estatísticos e Numéricos
Matemáticas
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas
Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas  
Anatomía
Educación física
Orientación


Profesorado e alumnado

Mª Jesús Casado Barrio
Nieves Domínguez González
Gema Gandón Bernárdez
Carlos González Alonso
Marcelino Pedredo Arias
Amancio Rodríguez Rodríguez
Fátima Rodríguez Rodríguez

ESO e Bacharelato


Calendario de actividades

Neste enlace podes ver o calendario de actividades desenvolvidas no proxecto (galego-castelán).

Programas nos que participamos

Aínda que o nome xenérico do programa é Aliméntate ben, nel están englobados varios programas doutras consellerías: Consellería do Mar + Consellería de Medio Rural (FOGGA) + Consellería de Sanidade
Pensamos que é importante promover o consumo destes alimentos e participar nas actividades que se convoquen para coñecer as súas propiedades nutricionais.

Web do programa completo "Aliméntate ben" http://alimentateben.xunta.gal