Para os humáns o cinco é un número moi especial; cinco son os dedos dunha mán, os días laborables da semana, os sentidos, e tamén o número de lados do símbolo máxico dos pitagóricos.
Para nós o cinco leva diante a coma, porque o noso proxecto vai diso, de comer, ben, con xeito, e cinco veces ao día, non imos desvelar qué cousa ou qué cantidade, ..., de momento.
Este curso eliximos coidarnos a gusto, a toque de prato, e coas cinco liñas do pentagrama, en clave de mar, froita, e pan, sen esquecer os demais alimentos, coa proporción da ración.
Participamos no programa "Aliméntate ben", do Plan Proxecta, e tamén en Froita na escola, entre outros, coa formación e axuda das Consellerías de Educación, do Mar, Medio Rural e Saúde, moi completa.
Iste é o noso proxecto...
INTRODUCIÓN
O Proxecto ten como misión mellorar os hábitos alimenticios dos participantes (alumnado, profesorado e membros da comunidade educativa) a partir da introdución no currículo de situacións educativas relacionadas con esta temática. Trátase de achegar as situacións cotiáns de cultivo, compra, tratamento e consumo de alimentos, e efectos que causan no organismo; ás actividades de aula, poñendo en valor o currículo das distintas materias.
Os materiais elaborados para o desenvolvemento destas actividades, e os produtos finais que xurdan da súa realización, publicaranse nos blogs do proxecto e noutros formatos, e se divulgarán na rede e nos medios de comunicación, buscando a promoción de hábitos de alimentación saudable e a transmisión de valores dende a aula ao exterior.
Obxectivos
- Motivar ao alumnado cun proxecto innovador que provoque a reflexión sobre os seus hábitos de alimentación e corrixa posibles erros nas distintas fases do proceso.
- Cambiar o papel do alumnado para que adopte unha actitude activa fronte aos problemas da súa contorna, achegándolle ferramentas tecnolóxicas que lle permitan cambiar esta situación e comunicarse con outras persoas na procura dun ben común.
- Estudar e elaborar modelos matemáticos asociados ao cultivo, á compra, e a inxesta de alimentos.
- Coñecer os grupos de alimentos e as súas características, identificando os que se cultivan en Galicia e na nosa comarca.
- Analizar os envases e etiquetas dos alimentos así como as proporcións e composicións dos produtos que os forman. Coñecer as consecuencias positivas e negativas do consumo destes compoñentes.
- Estudar e elaborar menús axeitados á idade e ritmo de vida do alumnado e extendelos a outros grupos de poboación.
- Reducir os riscos de enfermidades relacionadas con erros nutricionais.
- Elaborar novos materiais didácticos relacionados co tema que faciliten o labor educativo doutros docentes.
- Xerar sinerxias entre o centro e as familias, para lograr os obxectivos anteriores.
- Colaborar con outros centros educativos para establecer similitudes e diferenzas de hábitos alimenticios e buscar modelos axeitados.
Materias que participan no proxecto
Bioloxía e XeoloxíaPromoción de Estilos de Vida Saudables
Programación
Métodos Estatísticos e Numéricos
Matemáticas
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas
Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas
Anatomía
Educación física
Orientación
Profesorado
Mª Jesús Casado BarrioNieves Domínguez González
Gema Gandón Bernárdez
Carlos González Alonso
Marcelino Pedredo Arias
Amancio Rodríguez Rodríguez
Fátima Rodríguez Rodríguez
Alumnado
Cursos de ESO e Bacharelato, cen alumnos.Asesores
Ana Mª Martínez Lorente. Departamento: Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde SERGASMónica Martínez Baleirón. Consellería de Educación.
Julia Taboada Martínez. Consellería de Educación.
Calendario de actividades
Neste enlace podes ver o calendario de actividades desenvolvidas no proxecto (galego-castelán).
Web do programa completo "Aliméntate ben" http://alimentateben.xunta.gal
Programas nos que participamos
Aínda que o nome xenérico do programa é Aliméntate ben, nel están englobados varios programas doutras consellerías: Consellería do Mar + Consellería de Medio Rural (FOGGA) + Consellería de Sanidade