Chegamos ao fin de curso e con él ás vacacións. Despois de nove meses de estudar, coñecer, valorar e disfrutar aprendendo como é a nosa alimentación, e como afecta o que comemos e o exercicio físico á nosa saúde, queda nas nosas máns decidir se o poñemos en práctica este verán.
Cartel elaborado por Anabel Soto López |
1- Mapa de rutas pola cidade con reconto de kcal consumidas
2- Regra de cálculo de IMC
- Regra de cálculo de IMC para adultos, esta é a plantilla para construíla.
- Regra de cálculo universal, válida dende dous anos de idade. En entradas anteriores podes ver a montaxe e uso das dúas regras.
3- Calendario de vida saudable con recomendacións para todo o ano
4- Pirámide de Maslow
Análise das nosas prioridades como consumidores, inclúe tamén as novas formas de consumo relacionadas coas redes sociais.5-Mapa de parques biosaudables colaborativo
Estás invitado a visitalos e a engadir puntos que non estean no mapa, nesta entrada podes ver as instrucións.
Quédanos engadir os resultados da avaliación final, o que faremos en breve.
Non esquezas o noso lema (elaborado por Vicente López Mariño)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Si quieres colaborar con nosotros deja aquí tu comentario