29 abr 2018

I Congreso Escolar Aliméntate Ben

Enlace ao programa
O próximo venres 4 de maio participaremos no I Congreso Escolar Aliméntate Ben, convocado pola Consellería de Educación entre os participantes no programa co mesmo nome do Plan Proxecta [1].
Enviamos a solicitude porque queriamos cumprir cun dos obxectivos que tiñamos neste programa, a divulgación entre a comunidade educativa das actividades desenvolvidas, e polo tanto, a promoción de hábitos de vida saudable.

Despois dun ano de espera, no que buscamos por distintos medios a visualización do proxecto "Comacinco", e dun dos inventos estrela, o Rosco dosador universal de IMC, chegou o momento de presentalo á sociedade e a verdade é que estamos emocionados e ledos, xa que para nós e moi importante que se lle dea uso social.
Autora do vídeo Antía López Mariño de 2º de ESO

Cando estabamos preparando a presentación non sabiamos moi ben que elixir. Traballamos a alimentación en múltiples aspectos e tamén o exercicio físico, conscientes de que ambos son os piares dun bo estilo de vida. Finalmente, e sabendo que só temos dez minutos para expoñer fixemos este arquivo recompilatorio que contén actividades do curso pasado e do actual, e un o vídeo resumo anterior, xa que seguimos e seguiremos traballando por promover hábitos saudables.


Os audios do pdf pódense escoitar nestes enlaces:

Explicación sobre o funcionamento da regra de cálculo de adultos do IMC

Entrevista sobre o aspecto das froitas

Entrevista sobre a alimentación dun judoka


Máis información nos enlaces das entrevistas e as entradas dos blogs asociadas e nos enlaces seguintes.

Webs de consulta

[1] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convocatoria_congreso_alimentate_ben.pdf
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional-convocatoria_do_congreso_alimentate_ben.pdf 
[3] http://comacinco.blogspot.com.es/2018/01/pasate-al-verde.html
[4] http://etwinning.es/es/factoriza-tu-dieta-proyecto-etwinning-sobre-habitos-de-vida-saludable/
http://etwinning.es/wp-content/uploads/2018/04/eTwinning-y-competencias_plantilla.pdf
O proxecto como exemplo de tratamento de competencias clave nos materiais de formación de eTwinning

IMAXES DO CONGRESO

O noso paso por este I Congreso de "Aliméntate Ben" foi moi salientable, aprendimos dos proxectos de excelencia que tiñamos ao noso arredor, e tamén o noso alumnado presentou o seu traballo e o dos compañeiros que non poideron asistir dun xeito inmellorable.
Estas son algunhas imaxes da xornada coas que queremos felicitar a todos os participantes e en especial aos que fixeron posible que a xornada fose un éxito.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/30332/campanas-conselleria-mar-para-fomentar-consumo-produtos-mar-entre-escolares-chegaron

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/30319/angeles-vazquez-visita-congreso-alimentate-ben


2 comentarios:

  1. Fántastico!!!!!!Espléndido traballo!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, hai moitas persoas detrás traballando en equipo e apoio incondicional da dirección e da inspección que axuda moito.

    ResponderEliminar

Si quieres colaborar con nosotros deja aquí tu comentario