10 ene. 2017

A Pirámide de Maslow


Nas titorías o alumnado de 1º da ESO entrou en contacto  coa teoría da motivación humana que Abraham Maslow formulou en 1943 e que é máis coñecida como  Pirámide de Maslow.

Este psicólogo organizou de abaixo a arriba as necesidades racionais que temos como consumidores de xeito que podemos ver cómo unha persoa prioriza as necesidades  que ten:
  1. Fisiolóxicas, son aquelas que fan referencia ás necesidades fisiolóxicas básicas que unha persoa ten  por a súa condición de ser humano, por exemplo: comer, respirar, dormir,…
  2. Seguridade, son aquelas que nos fan sentir libres de perigos e ameazas.
  3. Afiliación, a persoa sente que pertence a un grupo,  considerase querido e que é importante para alguén.
  4. Recoñecemento, son as necesidades referentes a sentirse útil, produtivo ou de ter prestixio e ver que podes conseguir o que tes en mente para así obter o recoñecemento dos demáis.
  5. Autorrealización, é a etapa final, cando sentes que “cruzas a meta”  trazada porque consigues todo os teus propósitos.

Pirámide de Maslow 2.0

Non é nada novidoso que o consumidor ten novos comportamentos e evolucionou moito como consecuencia do desenvolvemento das novas tecnoloxías e a aparición das redes sociais. Por iso as alumnas e alumnos fixeron a Pirámide de Maslow 2.0.
  • Necesidades fisiolóxicas: o móbil como prologanción do noso corpo.
  • Necesidades de seguridade: antivirus, contrasinais seguras, protección de datos, fiewalls,..
  • Necesidades de afiliación: nos medimos polo número de followers, amigos ou fans.
  • Necesidades de recoñecemento: cantos máis likes mellor.
  • Necesidades de autorrealización: xa son “influencer”.


Pirámide da actividade física

De xeito coordinado o alumnado de 1º de bacharelato deseñou na materia de educación física materiais relacionados coa saúde e o exercicio físico. Destes saíron dúas caras mais para elaborar unha pirámide conxunta, a relativa á actividade física e a portada. 

O resultado final foi esta pirámide para montar de base cadrada (non incluída) e que nomeamos como

Pirámide da Saúde


Nestes enlaces pódense descargar dúas pirámides, a anterior, de base cadrada, ou de base triangular en formato pdf para recortar.