No marco do estudo das biomoléculas presentes nos alimentos, o alumnado realizou unha práctica de laboratorio
O amidón é un polisacárido (pertencente ó grupo dos hidratos de carbono ou glícidos) formado pola condensación de miles de moléculas de glicosa.
Este composto é a principal reserva enerxética dos vexetais polo que está contido nunha gran cantidade de alimentos (patacas, cereais...) e constitúe unha das principais fontes de calorías na dieta dos humanos. A súa vez, este composto está presente en friames e produtos procesados (mortadela, salchichas...) xunto con outros aditivos que conseguen darlle un aspecto final moi parecido á carne.
O consumo de amidón non é prexudicial (posto que, como xa dixemos, forma parte de gran parte de alimentos de consumo habitual como o pan, a pasta, os cereais....) e é a nosa principal fonte enerxética. O que ocorre é que podemos crer que estamos tomando proteínas ó consumir un bocadillo de pan con friame cando, en realidade, químicamente estamos comendo “pan con pan”.
Mostras para a análise |
- Aplicar os procedementos da ciencia para detectar nutrientes nos produtos de consumo diario.
- Concienciar ó alumnado da importancia de coñecer a composición dos alimentos que consumen como parte dunha dieta equilibrada e saudable.
- Poñer en valor os produtos frescos e pouco procesados (xamón serrano) fronte a alternativas ultraprocesadas.
RESULTADOS:
A análise con lugol puxo de manifesto a existencia de grandes cantidades de amidón na pataca (o cal era de esperar pois é o compoñente principal desta). A pataca empregouse como control positivo.Resultado observado na pataca (control positivo), o xamón serrano (control negativo) e a mortadela. |