18 jun 2017

No verán ti decides


Chegamos ao fin de curso e con él ás vacacións. Despois de nove meses de estudar, coñecer, valorar e disfrutar aprendendo como é a nosa alimentación, e como afecta o que comemos e o exercicio físico á nosa saúde, queda nas nosas máns decidir se o poñemos en práctica este verán.
Cartel elaborado por Anabel Soto López
Pola nosa parte deixamos multitude de consellos e información nas distintas entradas do blog, ademais de varias ferramentas para levar unha vida saudable ...

1- Mapa de rutas pola cidade con reconto de kcal consumidas


2- Regra de cálculo de IMC

- Regra de cálculo de IMC para adultos, esta é a plantilla para construíla.



- Regra de cálculo universal, válida dende dous anos de idade. En entradas anteriores podes ver a montaxe e uso das dúas regras.

3- Calendario de vida saudable con recomendacións para todo o ano




4- Pirámide de Maslow

Análise das nosas prioridades como consumidores, inclúe tamén as novas formas de consumo relacionadas coas redes sociais.


  5-Mapa de parques biosaudables colaborativo

Estás invitado a visitalos e a engadir puntos que non estean no mapa, nesta entrada podes ver as instrucións.

Quédanos engadir os resultados da avaliación final, o que faremos en breve.
Non esquezas o noso lema (elaborado por Vicente López Mariño)



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Si quieres colaborar con nosotros deja aquí tu comentario